OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE CIE GALFOR PODERÁN DOAR SANGUE O MARTES 23

A empresa ourensá CIE Galfor recibe o martes 23 de xuño a visita dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará estacionada no recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 e das 15: 30 ás 18:00 horas.

ADOS quere convidar a todos os traballadores e traballadoras a participar e agradece á dirección de CIE Galfor o seu constante compromiso coas campañas de doazón de sangue que comezou a acoller no ano 1995 e que teñen acumulado un total de 1.777 doazóns de sangue.




Comparte vida, únete a nós.