A
empresa ourensá CIE Galfor recibe o martes 23 de xuño a visita
dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
(ADOS) que estará estacionada no recinto da empresa das 09:30 ás
14:30 e das 15: 30 ás 18:00 horas.
ADOS
quere convidar a todos os traballadores e traballadoras a participar
e agradece á dirección de CIE Galfor o seu constante compromiso
coas campañas de doazón de sangue que comezou a acoller no ano 1995
e que teñen acumulado un total de 1.777 doazóns de sangue.