OS ESTUDANTES DO IES POLITÉCNICO Nº1 DE VIGO PODEN PARTICIPAR NA CAMPAÑA “UN ALENTO DE VIDA”

A campaña de doazón de sangue en centros educativos “Un alento de vida” chega este mércores 23 de setembro ata o IES Politécnico nº1 de Vigo co obxectivo de dar visibilidade á importancia de que os estudantes galegos doen sangue. Para iso, unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada diante do instituto, na rúa Torrecedeira, en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.



Comparte vida, únete a nós.