A
campaña de doazón de sangue en centros educativos “Un alento de
vida” chega este mércores 23 de setembro ata o IES Politécnico
nº1 de Vigo co obxectivo de dar visibilidade á importancia de que
os estudantes galegos doen sangue. Para iso, unha unidade móbil da
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada
diante do instituto, na rúa Torrecedeira, en horario das 09:30 ás
14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.