A
delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo
Piñeiro, lembrou a importancia de colaborar activamente nas campañas
de doazón de sangue este verán. Quixo amosar o seu apoio á campaña
"Un alento de vida", que desenvolve a Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue (ADOS), visitando hoxe, mércores 5 de agosto, a
unidade móbil de doazón que estará durante toda a xornada na zona
do Cantón-Obelisco para favorecer a participación dos veciños e
veciñas da Coruña.