A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA NA CORUÑA LEMBRA A IMPORTANCIA DE DOAR SANGUE EN VERÁN

A delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo Piñeiro, lembrou a importancia de colaborar activamente nas campañas de doazón de sangue este verán. Quixo amosar o seu apoio á campaña "Un alento de vida", que desenvolve a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), visitando hoxe, mércores 5 de agosto, a unidade móbil de doazón que estará durante toda a xornada na zona do Cantón-Obelisco para favorecer a participación dos veciños e veciñas da Coruña.

Comparte vida, únete a nós.