O Centro Comercial Odeón de Narón acollerá este venres 17 de xullo a campaña "Un alento de vida" que leva a cabo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), co obxectivo de incentivar a participación dos cidadáns durante os meses de verán. A unidade móbil da ADOS estará estacionada na entrada posterior do Centro Comercial, pola Avenida de Cataluña, das 15:30 ás 21:00 horas.
A Axencia quere agradecer á xerencia do Centro Comercial Odeón o seu apoio ao desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que comezou a acoller no ano 2010, rexistrando un total de 255 doazóns de sangue.