O CENTRO COMERCIAL ODEÓN APOIA A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE "UN ALENTO DE VIDA"

​O Centro Comercial Odeón de Narón acollerá este venres 17 de xullo a campaña "Un alento de vida" que leva a cabo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), co obxectivo de incentivar a participación dos cidadáns durante os meses de verán. A unidade móbil da ADOS estará estacionada na entrada posterior do Centro Comercial, pola Avenida de Cataluña, das 15:30 ás 21:00 horas.

A Axencia quere agradecer á xerencia do Centro Comercial Odeón o seu apoio ao desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que comezou a acoller no ano 2010,  rexistrando un total de 255 doazóns de sangue.



Comparte vida, únete a nós.