A
Axencia
de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) achegarase o venres 12
de xuño ata o Centro Comercial Travesía de Vigo para que
todas as persoas que desexen doar podan facelo no local da planta
baixa das instalacións comerciais, en horario das 10:00 ás 14:30 e
das 15:30 ás 21:00 horas.
O
Centro Comercial Travesía de Vigo quere agasallar, pola súa
solidariedade, cunha entrada de cine a todas as persoas que acudan a
doar.
A
ADOS leva desenvolvido unha ducia de campañas de doazón no Centro
Comercial Travesía de Vigo desde o ano 2021, acadando un total de
729 doazóns de sangue. A Axencia quere amosar o seu agradecemento á
xerencia do CC Travesía de Vigo polo seu compromiso e apoio ás
campañas de doazón de sangue, especialmente nesta xornada, véspera
da conmemoración do Día Mundial do Doante de Sangue.
Ademáis, salientar que, tamén na cidade de Vigo, ao longo da mañá do
sábado 13 de xuño, a Asociación de Doantes e Receptores de Órganos
de Vigo (ADROVI) instalará unha mesa informativa ao carón da
unidade móbil da ADOS que estará na Rúa Príncipe. Esta iniciativa
levase a cabo na xornada previa á conmemoración do Día Mundial do
Doante de Sangue.