O
Banco Santander está a impulsar, este mércores 10 de xuño, unha xornada especial adicada a
favorecer a doazón de sangue dos seus traballadores e traballadoras
nas grandes cidades galegas. Unidades móbiles da Axencia de Doazón
de Órganos e Sangue (ADOS) estarán estacionadas en localizacións
centricas das cidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo,
Ourense, Pontevedra e Vigo para posibilitar a doazón dos
profesionais da entidade bancaria. Nas xornadas previas ao
desprazamento das unidades móbiles, distribuíuse información sobre
este xesto solidario entre os traballadores e traballadoras do Banco
Santander.
Esta
colaboración anual que desenvolven conxuntamente a Axencia e Banco
Santander non só supón a consecución dun número concreto de
doazóns senon que contribue á creación dunha conciencia social
favorable a este xesto imprescindible para o sostemento do noso
sistema sanitario.
Desde
a ADOS queremos amosar o noso agradecemento ao Banco Santander, así
como aos seus traballadores e traballadoras, pola súa contribución
solidaria e convida a todas as empresas e organismos públicos de
Galicia a sumarse á campaña de recollida de doazóns de sangue.