O BANCO SANTANDER PROMOVE A DOAZÓN DE SANGUE ENTRE OS SEUS TRABALLADORES E TRABALLADORAS EN GALICIA

O Banco Santander está a impulsar, este mércores 10 de xuño, unha xornada especial adicada a favorecer a doazón de sangue dos seus traballadores e traballadoras nas grandes cidades galegas. Unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estarán estacionadas en localizacións centricas das cidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo para posibilitar a doazón dos profesionais da entidade bancaria. Nas xornadas previas ao desprazamento das unidades móbiles, distribuíuse información sobre este xesto solidario entre os traballadores e traballadoras do Banco Santander.

Esta colaboración anual que desenvolven conxuntamente a Axencia e Banco Santander non só supón a consecución dun número concreto de doazóns senon que contribue á creación dunha conciencia social favorable a este xesto imprescindible para o sostemento do noso sistema sanitario.

Desde a ADOS queremos amosar o noso agradecemento ao Banco Santander, así como aos seus traballadores e traballadoras, pola súa contribución solidaria e convida a todas as empresas e organismos públicos de Galicia a sumarse á campaña de recollida de doazóns de sangue.




Comparte vida, únete a nós.