A
Axencia de Doazón
de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá
os días 26, 27 e 28 de maio e 4 de xuño, a segunda campaña de doazón anual que
acollen as instalacións de
Stellantis Vigo. As
unidades móbiles estarán en distintos puntos da factoría
viguesa cun amplo horario de atención que cubrirá todas as quendas
para posibilitar o acceso á doazón de todos os traballadores e
traballadoras.
A ADOS quere amosar o seu agradecemento á dirección da empresa, ao
servizo médico e a todos os departamentos implicados no
desenvolvemento desta iniciativa a súa constante colaboración e
compromiso para fomentar o solidario xesto da doazón de sangue. A
Axencia comezou a visitar Stellantis Vigo no ano 1995 e acumula un
total de 79.323 doazóns de sangue, que a converten na empresa
española con maior participación nas campañas de doazón.