STELLANTIS VIGO ACOLLE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE DA ADOS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá os días 26, 27 e 28 de maio e 4 de xuño, a segunda campaña de doazón anual que acollen as instalacións de Stellantis Vigo. As unidades móbiles estarán en distintos puntos da factoría viguesa cun amplo horario de atención que cubrirá todas as quendas para posibilitar o acceso á doazón de todos os traballadores e traballadoras.


A ADOS quere amosar o seu agradecemento á dirección da empresa, ao servizo médico e a todos os departamentos implicados no desenvolvemento desta iniciativa a súa constante colaboración e compromiso para fomentar o solidario xesto da doazón de sangue. A Axencia comezou a visitar Stellantis Vigo no ano 1995 e acumula un total de 79.323 doazóns de sangue, que a converten na empresa española con maior participación nas campañas de doazón.


Comparte vida, únete a nós.