A COMUNIDADE EDUCATIVA DE PANXÓN MOBILÍZASE PARA PROMOVER A DOAZÓN DE SANGUE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará o vindeiro mércores 20 de maio unha unidade móbil ata o CPI Arquitecto Palacios e o CEE de Panxón como parte dunha campaña especial de doazón na que, os escolares, traballaron na aula sobre os distintos tipos de doazón.


A iniciativa foi presentada esta mañá no CPI Arquitecto Palacios, coa presenza dos directores de CPI Palacios e do CEE de Panxón, da responsable de promoción da doazón na bisbarra de Vigo de ADOS e do alcalde de Nigrán, así como de dous alumnos do centro educativo que comentaron a súa experiencia nesta campaña na que os estudantes recibiron formación sobre a doazón de sangue e de órganos.


A ADOS leva a cabo unha intensa campaña educativa en centros de distintos niveis de ensinanza en toda Galicia, destinada a favorecer a sensibilidade dos máis novos e novas a prol da doazón, e que comprende, ademais doutras actividades, charlas educativas nas que o alumnado pode coñecer a importancia dos distintos xeitos de doazón para o sostemento do noso sistema público de saúde.

Ao longo da xornada do 20 de maio, os membros da comunidade educativa de Panxón están chamados a doar na unidade móbil da Axencia que estará estacionada dentro do recinto do CPI Arquitecto Palacios e do CEE de Panxón en horario das 10:00 ás 14:30 e das 16:00 ás 21:00 horas.

Esta é a cuarta edición desta campaña que comezou a desenvolverse no ano 2023 e que ten permitido acadar un total de 123 doazóns de sangue

Comparte vida, únete a nós.