A
Axencia
de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará
o vindeiro mércores 20 de maio unha unidade móbil ata o CPI
Arquitecto Palacios e o CEE de Panxón como parte dunha campaña
especial de doazón na que, os escolares, traballaron na
aula sobre os distintos tipos de doazón.
A
iniciativa foi presentada esta mañá no CPI Arquitecto Palacios, coa presenza dos directores de CPI Palacios e do CEE de Panxón, da responsable de promoción da doazón na bisbarra de Vigo de ADOS e do alcalde de Nigrán, así como de dous alumnos do centro educativo que comentaron a
súa experiencia nesta campaña na que os estudantes recibiron
formación sobre a doazón de sangue e de órganos.
A
ADOS
leva a cabo unha intensa campaña educativa en centros de distintos
niveis de ensinanza en toda Galicia, destinada a favorecer a
sensibilidade dos máis novos e novas a prol da doazón, e que
comprende, ademais doutras actividades, charlas educativas nas que o
alumnado pode coñecer a importancia dos distintos xeitos de doazón
para o sostemento do noso sistema público de saúde.
Ao
longo da xornada do 20 de maio, os membros da comunidade educativa de
Panxón están chamados a doar na unidade móbil da Axencia que
estará estacionada dentro do recinto do CPI Arquitecto Palacios e do
CEE de Panxón en horario das 10:00 ás 14:30 e das 16:00 ás 21:00
horas.
Esta
é a cuarta edición desta campaña que comezou a desenvolverse no
ano 2023 e que ten permitido acadar un total de 123 doazóns de
sangue