ADOS FACILITA O ACCESO Á DOAZÓN DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE NAVANTIA

As instalacións de Navantia acollen este semana unha nova campaña de doazón promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Ao longo das xornadas do martes 10 e mércores 11 poderán acudir a doar traballadores e traballadoras ata a unidade móbil de ADOS que estará estacionada diante da oficina técnica. Ademais, o xoves 12, a unidade móbil estará estacionada diante dos servizos médicos de Navantia-Fene. O horario de atención aos doantes, ao longo destas tres xornadas, será das 09:30 ás 14:30 horas.


Desde o comezo das campañas de doazón de sangue en unidades móbiles nesta empresa, no ano 1994, teñense rexistrado un total de 1.172 doazóns de sangue.


ADOS quere mostrar o seu recoñecemento á xerencia de Navantia pola súa colaboración e apoio na labor de recollida de doazóns de sangue, agradecemento que fai extensivo a todos os profesionais desta empresa que participan nesta iniciativa solidaria.


Comparte vida, únete a nós.