As
instalacións de Navantia
acollen este semana
unha nova campaña de doazón promovida pola Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue (ADOS). Ao longo das
xornadas
do martes 10 e mércores 11
poderán acudir a doar
traballadores e traballadoras ata a unidade móbil de ADOS que estará
estacionada diante
da oficina técnica. Ademais, o xoves 12, a unidade móbil estará
estacionada diante dos servizos médicos de
Navantia-Fene.
O horario
de atención aos doantes, ao
longo destas tres xornadas, será
das 09:30 ás 14:30 horas.
Desde
o comezo das campañas de doazón de sangue en unidades móbiles
nesta empresa, no ano 1994, teñense rexistrado un total de 1.172 doazóns
de sangue.
ADOS
quere mostrar o seu recoñecemento á xerencia
de Navantia
pola
súa colaboración e apoio na labor de recollida de doazóns de
sangue, agradecemento que fai extensivo a todos os profesionais desta
empresa que participan nesta iniciativa solidaria.