OS ESTUDANTES DO CIFP A CARBALLEIRA-MARCOS VALCÁRCEL DE OURENSE VISITAN AS INSTALACIÓNS DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Un grupo de estudantes do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense acudiron hoxe a visitar as instalacións da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) en Santiago de Compostela.


Os estudantes, que cursan 2º do Ciclo Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico, puideron coñecer de primeira man a actividade diaria que se desenvolve na Axencia e coñecer a importancia do solidario xesto da doazón de sangue.


Comparte vida, únete a nós.