Un
grupo de estudantes do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de
Ourense acudiron hoxe a visitar as instalacións da Axencia de Doazón
de Órganos e Sangue (ADOS) en Santiago de Compostela.
Os
estudantes, que cursan 2º do Ciclo Superior en Laboratorio Clínico e
Biomédico, puideron coñecer de primeira man a actividade diaria que
se desenvolve na Axencia e coñecer a importancia do solidario xesto
da doazón de sangue.