A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá ao longo
da presente xornada, mércores 3 de decembro, unha nova campaña de
doazón de sangue na empresa Faurecia no concello ourensán de San
Cibrao das Viñas. Unha unidade móbil da ADOS estará estacionada no
recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas
para facilitar a participación dos dos traballadores e
traballadoras.
A
ADOS ten visitado o en 78 ocasións desde o ano 1995 as instalacións
de Faurecia en San Cibrao das Viñas, acadando un total de 2.352
doazóns, converténdose nunha referencia indispensable no eido da
solidariedade vencellada a este xesto altruísta.
Neste
sentido, desde a Axencia agradece á xerencia de Faurecia a súa
constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns
de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todas as
persoas que doan sangue.