A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PROMOVE A DOAZÓN DE SANGUE NA EMPRESA FAURECIA EN SAN CIBRAO DAS VIÑAS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá ao longo da presente xornada, mércores 3 de decembro, unha nova campaña de doazón de sangue na empresa Faurecia no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. Unha unidade móbil da ADOS estará estacionada no recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas para facilitar a participación dos dos traballadores e traballadoras.


A ADOS ten visitado o en 78 ocasións desde o ano 1995 as instalacións de Faurecia en San Cibrao das Viñas, acadando un total de 2.352 doazóns, converténdose nunha referencia indispensable no eido da solidariedade vencellada a este xesto altruísta.


Neste sentido, desde a Axencia agradece á xerencia de Faurecia a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todas as persoas que doan sangue.


Comparte vida, únete a nós.