A COORDINACIÓN AUTONÓMICA DE TRANSPLANTES DA ADOS DESENVOLVE UN CURSO SOBRE DOAZÓN E TRANSPLANTES DESTINADO A ENFERMARÍA DE QUIRÓFANO

A Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desenvolveu onte, luns 24 de novembro, un curso sobre doazón e transplante de órganos para enfermaría de quirófano, que tivo lugar no Hospital Lucus Augusti de Lugo.


Esta iniciativa, subvencionada pola Organización de Nacional de Transplantes (ONT), contou coa participación de 25 profesionais de enfermaría de quirófano. Os asistentes recibiron formación centrada en mellorar a capacitación e coñecemento no eido do doazón e transplante dos profesionais sanitarios galegos.


Comparte vida, únete a nós.