A
Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue desenvolveu onte, luns 24 de novembro, un curso
sobre doazón e transplante de órganos para enfermaría de
quirófano, que tivo lugar no Hospital Lucus Augusti de Lugo.
Esta
iniciativa, subvencionada pola Organización de Nacional de
Transplantes (ONT), contou coa participación de 25 profesionais de
enfermaría de quirófano. Os asistentes recibiron formación
centrada en mellorar a capacitación e coñecemento no eido do doazón
e transplante dos profesionais sanitarios galegos.