A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) participou esta mañá
no acto de apertura do curso académico 2025-2026 da Facultade de
Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Ao
evento, celebrado no salón de actos da facultade, asistiu, en
representación de ADOS, o Dr. Jose María Vázquez Estepa,
responsable da sección de doazón e xestión de colectas, e o decano
da Facultade de Odontoloxía, Dr. José Carreira Amor xunto con
outros membros destacados da universidade.
Durante
o acto deuse a benvida aos novos alumnos de primeiro de odontoloxía
e púxose en valor a importancia de achegar ás novas xeracións o
concepto de solidariedade a través da doazón xenerosa e altruísta
para axudar aos que máis o necesitan.
O
responsable da sección de doazón e xestión de colectas de ADOS
destacou a relevancia da comunidade universitaria como motor esencial
para actualizar a base de doantes en Galicia e asegurar o relevo
xeracional.
Jose
María Vázquez trasladou o seu agradecemento á Universidade de
Santiago de Compostela e ao decanato da Facultade de Medicina e
Odontoloxía polo seu decidido apoio ás iniciativas promovidas por
ADOS destinadas a fomentar a doazón. Agradecemento que fixo tamén
extensible aos estudantes universitarios galegos e á comunidade
educativa en xeral pola súa implicación e altruismo.