ADOS IMPULSA A CAMPAÑA UNIVERSITARIA DE DOAZÓN CO ASISTENCIA AO ACTO DE INICIO DO CURSO 2025-26 NA FACULTADE DE ODONTOLOXÍA DA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) participou esta mañá no acto de apertura do curso académico 2025-2026 da Facultade de Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Ao evento, celebrado no salón de actos da facultade, asistiu, en representación de ADOS, o Dr. Jose María Vázquez Estepa, responsable da sección de doazón e xestión de colectas, e o decano da Facultade de Odontoloxía, Dr. José Carreira Amor xunto con outros membros destacados da universidade.

Durante o acto deuse a benvida aos novos alumnos de primeiro de odontoloxía e púxose en valor a importancia de achegar ás novas xeracións o concepto de solidariedade a través da doazón xenerosa e altruísta para axudar aos que máis o necesitan.

O responsable da sección de doazón e xestión de colectas de ADOS destacou a relevancia da comunidade universitaria como motor esencial para actualizar a base de doantes en Galicia e asegurar o relevo xeracional.

Jose María Vázquez trasladou o seu agradecemento á Universidade de Santiago de Compostela e ao decanato da Facultade de Medicina e Odontoloxía polo seu decidido apoio ás iniciativas promovidas por ADOS destinadas a fomentar a doazón. Agradecemento que fixo tamén extensible aos estudantes universitarios galegos e á comunidade educativa en xeral pola súa implicación e altruismo.

Comparte vida, únete a nós.