FRIGOLOURO SÚMASE ESTE MÉRCORES Á NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE PROMOVIDO POR ADOS

​A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá hoxe mércores, unha nova campaña de doazón nas instalacións da empresa Frigolouro.

Unha unidade móbil da ADOS estará estacionada diante dos servizos médicos da empresa de 09:30 a 14.30h. para atender a todos os traballadores e traballadoras que desexen doar, e compartir o seu tempo nun xesto solidario e necesario para garantir as reservas de sangue nos hospitais.

Desde 2002 as unidades móbiles da Axencia visitan a compañía para facilitar a súa colaboración, e dende ADOS queren amosar o seu agradecemento á dirección de Frigolouro polo seu constante compromiso coas campañas de doazón desenvolvidas pola Axencia, así como a todos os profesionais que participan neste acto solidario.

Comparte vida, únete a nós.