A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá hoxe
mércores, unha nova campaña de doazón nas instalacións da empresa
Frigolouro.
Unha
unidade móbil da ADOS estará estacionada diante dos servizos
médicos da empresa de 09:30 a 14.30h. para atender a todos os
traballadores e traballadoras que desexen doar, e compartir o seu
tempo nun xesto solidario e necesario para garantir as reservas de
sangue nos hospitais.
Desde
2002 as
unidades móbiles da Axencia visitan
a compañía para
facilitar a súa colaboración, e dende
ADOS queren amosar o seu agradecemento á dirección de
Frigolouro polo seu constante compromiso coas campañas de doazón
desenvolvidas pola Axencia, así como a todos os profesionais que
participan neste acto solidario.