KONECTA FOUNDATION FACILITA A DOAZÓN DOS SEUS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

​

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará mañá, xoves 15 de outubro, nas inmediacións da empresa Konecta Foundation. Esta é a segunda visita que recibe esta empresa coruñesa, polo que a ADOS quere amosar o seu agradecemento á dirección de Konecta Foundation e convidar a todos os seus traballadores e traballadoras a doar sangue.

Unha unidade móbl da ADOS estará estacionada dentro do aparcamento da empresa das 09:30 ás 14:00 e das 16:00 ás 18:30 horas para facilitar a participación de todas as persoas que desexen doar sangue.




Comparte vida, únete a nós.