Unha
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e
Sangue (ADOS) estará mañá, xoves 15 de outubro, nas
inmediacións da empresa Konecta Foundation. Esta é a segunda visita
que recibe esta empresa coruñesa, polo que a ADOS quere amosar o seu
agradecemento á dirección de Konecta Foundation e convidar a todos
os seus traballadores e traballadoras a doar sangue.
Unha
unidade móbl da ADOS estará estacionada dentro do aparcamento da
empresa das 09:30 ás 14:00 e das 16:00 ás 18:30 horas para
facilitar a participación de todas as persoas que desexen doar
sangue.