DETRADI GALICIA PROMOVE A ANDAINA “PASOS DE GRATITUD” PARA CONMEMORAR O DÍA NACIONAL DO DOANTE DE ÓRGANOS, TECIDOS E CÉLULAS

A Asociación Galega de Deportistas Transplantados e en Dialese (Detradi Galicia) promoverá este domingo 31 de maio en Pontevedra a andaina solidaria “Pasos de Gratitud”. Esta iniciativa pretende concienciar sobre a importancia da doazón e o transplante de órganos e conmemorar o Día Nacional do Doante de Órganos e, Tecidos e Células que se celebra o vindeiro mércores 3 de xuño. Os participantes realizarán unha andaina circular de 6 quilómetros de distancia con saída e chegada fronte ao Hospital Provincial de Pontevedra, xunto ao monumento aos doantes.







Comparte vida, únete a nós.