A
Asociación Galega de Deportistas Transplantados e en Dialese
(Detradi Galicia) promoverá este domingo 31 de maio en Pontevedra a
andaina solidaria “Pasos de Gratitud”. Esta iniciativa pretende
concienciar sobre a importancia da doazón e o transplante de órganos
e conmemorar o Día Nacional do Doante de Órganos e, Tecidos e
Células que se celebra o vindeiro mércores 3 de xuño. Os
participantes realizarán unha andaina circular de 6 quilómetros de
distancia con saída e chegada fronte ao Hospital Provincial de
Pontevedra, xunto ao monumento aos doantes.