OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DOS HOSPITAIS HM NA CORUÑA E SANTIAGO PARTICIPAN NUNHA CAMPAÑA ESPECIAL DE DOAZÓN DE SANGUE

Os traballadores e traballadoras dos Hospitais HM da Coruña e Santiago de Compostela participarán ao longo da xornada do luns 25 de maio, nunha campaña especial de doazón. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada na entrada do Hospital HM La Esperanza de Santiago das 09:30 ás 14:30 horas e na Praza Roja das 15:30 ás 21:00 horas. Pola súa banda, os profesionais dos hospitais HM da Coruña poderán participar doando sangue na unidade móbil da Axencia que estará das 09:30 ás 14: 30 e das 15:30 ás 21:00 horas na zona do Cantón-Obelisco.

A Axencia quere agradecer á xerencia dos Hospitais HM e aos seus traballadores e traballadoras o seu compromiso co solidario xesto da doazón de sangue e agarda que esta campaña sexa un éxito de participación.


Comparte vida, únete a nós.