Os
traballadores e traballadoras dos Hospitais HM da Coruña e Santiago
de Compostela participarán ao longo da xornada do luns 25 de maio,
nunha campaña especial de doazón. Unha unidade móbil da Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada na entrada do
Hospital HM La Esperanza de Santiago das 09:30 ás 14:30 horas e na
Praza Roja das 15:30 ás 21:00 horas. Pola súa banda, os
profesionais dos hospitais HM da Coruña poderán participar doando
sangue na unidade móbil da Axencia que estará das 09:30 ás 14: 30
e das 15:30 ás 21:00 horas na zona do Cantón-Obelisco.
A
Axencia quere agradecer á xerencia dos Hospitais HM e aos seus
traballadores e traballadoras o seu compromiso co solidario xesto da
doazón de sangue e agarda que esta campaña sexa un éxito de
participación.