A EMPRESA CELTIC ESTORES ACOLLE UNHA NOVA VISITA DAS UNIDADES MÓBILES DA ADOS

Os traballadores e traballadoras da empresa Celtic Estores terán mañá, martes 5 de maio, a oportunidade de participar nunha nova campaña de doazón de sangue desenvolvida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil da Axencia estará estacionada no recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 16:45 horas para atender a todas as persoas que desexen participar.

Celtic Estores comezou a acoller as campañas de doazón de sangue da ADOS desde o ano 2003, acadando, no transcurso de estes anos, un total de 743 doazóns.

A Axencia quere agradecer á dirección de Celtic Estores e a todos os seus traballadores e traballadoras a súa colaboración e compromiso no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, xa que a súa contribución é fundamental para o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais.



Comparte vida, únete a nós.