Os
traballadores e traballadoras da empresa Celtic Estores terán mañá,
martes 5 de maio, a oportunidade de participar nunha nova campaña de
doazón de sangue desenvolvida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil da Axencia estará estacionada no
recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 16:45 horas
para atender a todas as persoas que desexen participar.
Celtic Estores comezou a acoller as campañas de doazón de sangue da ADOS
desde o ano 2003, acadando, no transcurso de estes anos, un total de
743 doazóns.
A
Axencia quere agradecer á dirección de Celtic Estores e a todos os
seus traballadores e traballadoras a súa colaboración e compromiso
no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, xa que a súa
contribución é fundamental para o axeitado abastecemento de
compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais.