PERSOAL DE “FERRER FOR GOOD” ASISTE A DOAR SANGUE NO LOCAL DE DOAZÓN QUE ADOS TEN NO HOSPITAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A farmacéutica “Ferrer For Good” reafirma, por terceiro ano consecutivo, o seu compromiso coa saúde e o benestar da cidadanía, dedicando unha xornada ao xeneroso e solidario xesto da doazón de sangue.

A pasada semana, un grupo de traballadores e traballadoras da empresa acudiu ao local de doazón que ADOS ten establecido no Hospital de Santiago de Compostela, para participar nesta altruísta iniciativa que busca contribuír á doazón voluntaria de sangue, un recurso vital para o tratamento de numerosos pacientes en situacións de emerxencia, cirurxías e enfermidades crónicas.

Desde ADOS queren expresar o seu agradecemento a “Ferrer For Good” e a todos os seus profesionais que doaron sangue, pola súa colaboración e apoio, que ano tras ano demostra a súa responsabilidade social e o seu compromiso coa sociedade.

Accións coma esta contribúen a fortalecer a rede de doazón de sangue en nosa comunidade, e serven de exemplo para incentivar a participación activa neste tipo de actos que teñen un impacto directo na saúde.


Comparte vida, únete a nós.