O ACTO DE APERTURA DO CURSO ACADÉMICO 2023-24 DA FACULTADE DE MEDICINA E ODONTOLOXÍA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA CONTOU COA PARTICIPACIÓN DE ADOS

Hoxe, luns 11 de setembro, tivo lugar no salón de actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela o acto de apertura do curso académico 2023-2024 e de acollida dos alumnos e alumnas de primeiro. Ao longo do acto, presidido polo seu decano, Julián Álvarez Escudero, tomou a palabra a directora de ADOS, Marisa López García, para salientar a importancia do xeneroso acto da doazón de sangue, posto que en moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais galegos son  imprescindibles os compoñentes sanguíneos, sendo precisas entre 400 e 500 as doazón diarias para abastecer aos centros sanitarios de Galicia de sangue e os seus derivados.

SENSIBILIZAR E PARTICIPAR

Na súa intervención, a directora de ADOS  apelou ao espírito solidario dos alumnos e alumnas para que participen na campaña universitaria de doazón de sangue que todos os anos ADOS leva a cabo en colaboración coa USC e tamén, como futuros médicos, concienciando aos seus compañeiros e entorno máis próximo da importancia de doar

Comparte vida, únete a nós.