AGEFEC APOIA Á DOAZÓN DE SANGUE DURANTE O DESENVOLVEMENTO DO SEU IX CONGRESO

​A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) está a apoiar o solidario xesto da doazón de sangue no transcurso do seu IX Congreso anual que terá lugar mañá, sábado 31 de outubro, en Expourense. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará diante da entrada de Expourense das 10:00 ás 15:00 horas para recoller as doazóns dos asistentes a este congreso. A Axencia quere agradecer á dirección de AGEFEC o seu compromiso e especial sensibilidade a prol da doazón de sangue.

Comparte vida, únete a nós.