A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolve este xoves
29 de novembro unha nova campaña nas inmediacións do centro
comercial Área Central, no compostelán barrio de Fontiñas.
Durante esta xornada, as persoas que o desexen terán unha nova
oportunidade de doar sangue na unidade móbil de ADOS que estará
estacionada diante da cabina de información do centro comercial, na
escaleira de acceso a ALCAMPO, de 15:30 ás 21:00 horas.
Dende
ADOS, queremos amosar o noso agradecemento a todas as persoas que
doan sangue.