CIE GALFOR ACOLLE UNHA NOVA CAMPAÑA DE DOAZÓN PROMOVIDA POLA ADOS

​

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá o martes 27 de outubro, unha campaña de doazón nas instalacións de CIE Galfor, empresa que conta cunha longa traxectoria de colaboración e compromiso coas iniciativas destinadas a promover a doazón. Ao longo da xornada, os traballadores e traballadoras de CIE Galfor terán unha nova oportunidade de doar sangue na unidade móbil que estará estacionada dentro do recinto da empresa en horario de 09:30 a 14:30 horas e pola tarde de 15:30 a 18:00 horas.

ADOS ten visitado as instalacións de CIE Galfor, en San Cibrao das Viñas, un total de 91 veces desde o ano 1995, acadando desde esa primeira visita, unha cifra de 1.820 doazóns de sangue procedentes da solidariedade dos seus traballadores e traballadoras.

ADOS quere agradecer a CIE Galfor a súa longa traxectoria de colaboración e compromiso coa doazón de sangue, xa que coa súa participación contribúe a consecución dun elevado número de doazóns de sangue e á creación dunha conciencia social favorable á doazón. Desde a Axencia, amosar o noso recoñecemento á dirección de CIE Galfor pola súa implicación e tamén a todos os profesionais que participan neste xesto solidario e altruísta.​


Comparte vida, únete a nós.