A CAMPAÑA "UN ALENTO DE VIDA" CHEGA AO CAMPUS VIDA DE SANTIAGO

​A campaña "Un alento de vida", que está desenvolvendo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) nas universidades galegas, chega hoxe, mércores 21 de outubro, ata o santiagués Campus Vida. Unha gota de sangue xigante situarase preto da unidade móbil da Axencia que estará estacionada diante da Facultade de Dereito, en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas. Con esta campaña, a ADOS quere convidar aos membros da comunidade universitarria a participar nas campañas de doazón de sangue, lembrando que, cada día, son precisas ao redor de 400 doazóns para que os hospitais galegos podan levar a cabo axeitadamente o seu intenso labor asistencial. 

Comparte vida, únete a nós.