ESTUDANTES DO COLEXIO SANTA APOLONIA VISITAN A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

​Estudantes dos Colexio Santa Apolonia, de Santiago de Compostela, visitaron este martes 20 de outubro as instalacións da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). O alumnado coñeceu o labor diario que desenvolve a Axencia para obter as doazóns e os compoñentes sanguíneos que cada día se subministran aos hospitais galegos.

Comparte vida, únete a nós.