A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE DA ADOS CHEGA ATA A DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN VIGO

​A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), dentro da campaña de recollida de doazóns de sangue en empresas e organismos públicos, visitará este luns 19 de outubro, o edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo. Todos os traballadores e traballadoras que desexen doar sangue poderán facelo na unidade móbil da Axencia que estará estacionada diante da porta principal das 09:30 ás 14:30 horas.

A ADOS comezou no ano 2002 a visitar as instalacións do edificio administrativo da Xunta de Galicia na cidade de Vigo obtendo, no transcurso destas visitas, un total de 1.246 doazóns de sangue. Neste sentido, a Axencia quere agradecer a colaboración de todos os traballadores e traballadoras que teñen participado activamente nalgunha ocasión nas campañas de doazón de sangue.​


Comparte vida, únete a nós.