"UN ALENTO DE VIDA" CONVIDA AOS ESTUDANTES DO CAMPUS PONTEVEDRÉS A DOAR SANGUE

​A campaña “Un alento de vida” estará acompañando á unidade móbil de Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará ao longo da presente xornada nas inmediacións da Escola de Forestais no campus pontevedrés. As persoas que desexen doar poderán acudir ata a unidade móbil en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.


Coa campaña “Un alento de vida”, a Axencia quere transmitir aos universitarios e universitarias galegos a necesidade de participar activamente nas campañas de doazón de sangue, xa que este xesto solidario, é imprescindible para a obtención dos compoñentes sanguíneos que permiten tratar a centos de enfermos nos nosos hospitais.


Comparte vida, únete a nós.