A UNIDADE MÓBIL DA ADOS FACILITA A DOAZÓN AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase ata as inmediacións do edificio da Consellería de Sanidade en San Lázaro, os días 13 e 14 de outubro, dentro da campaña de recollida de doazóns que a Axencia desenvolve en empresas e organismos públicos de toda Galicia. As persoas que desexen participar poderán doar sangue na unidade móbil estacionada no aparcadoiro da Consellería das 09:30 ás 14:30 horas. A Axencia visita tres veces ao ano as instalacións da Consellería de Sanidade desde o ano 1998 e ten acadado un total de 2.166 doazóns de sangue no transcurso destas campañas.



Comparte vida, únete a nós.