A FACULTADE DE MEDICINA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RECIBE A CAMPAÑA "UN ALENTO DE VIDA"

​

A campaña de doazón “Un alento de vida” chega hoxe, martes 6 de outubro, ata a Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada diante da Facultade no campus norte compostelán en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

Ademáis, a Axencia instalará unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea para fomentar este xeito de doazón entre os membros da comunidade universitaria.


Comparte vida, únete a nós.