O CIFP MANUEL ANTONIO DE VIGO ACOLLE A CAMPAÑA DE DOAZÓN "UN ALENTO DE VIDA"

​As instalacións do CIFP Manuel Antonio de Vigo acollen hoxe unha visita da unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), enmarcada dentro da campaña especial "Un alento de vida". A unidade móbil, estacionada no aparcamento do centro educativo, atenderá a todas as persoas que desexen doar das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

A ADOS comezou a visitar este centro educativo no ano 1995, acadando, ata o momento, un total de 3.031 doazóns de sangue. Desde a Axencia, transmisir o noso recoñecemento pola colaboración, no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue, da dirección e de toda a comunidade educativa do CIFP Manuel Antonio.


Comparte vida, únete a nós.