O
Centro Comercial Marineda City recibe o sábado 26
de setembro
a visita da unidade móbil da Axencia de Doazón
de Órganos e Sangue (ADOS), que estará estacionada na Praza, ao
carón da parada de taxis, das 10:00 ás 15:00 horas. Como
mostra de recoñecemento pola súa xenerosidade, as persoas doantes
recibirán un vale trocable por un almorzo gratuíto no propio
recinto comercial.
A
Axencia comezou a visitar esta superficie comercial no ano 2011 e
acumula xa a cifra de 320
doazóns de sangue. A ADOS quere agradecer á xerencia de Marineda
City a súa colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón
e convidar a todos os usuarios e usuarias a participar activamente
nesta nova visita.