A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ACHEGA A CAMPAÑA DE DOAZÓN ATA AS INSTALACIÓNS DE MAGNA SEATING S.A.U.

A campaña de doazón de sangue, promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, achegase este martes 15 de setembro das 10:00 ás 14:30 e das 16:00 ás 21:00 horas, ata as instalacións da empresa Magna Seating Spain S.A.U.

A unidade móbil da ADOS estará estacionada dentro do recinto da empresa para recoller a solidariedade de todos os seus traballadores e traballadoras. A Axencia quere agradecer assfacilidades amosadas pola dirección de Magna Seating S.A.U. para realizar campañas periódicas de doazón de sangue desde o ano 2000. No transcurso destas visitas teñense recollido un total de 1.167 doazóns de sangue.




Comparte vida, únete a nós.