Os
traballadores e traballadoras do
Centro Comercial Área Central, así como os usuarios e usuarias e a
veciñanza do santiagués barrio das Fontiñas, poderán doar sangue
na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
que estará estacionada, o martes
11 de agosto,
fronte
á cabina de información na escaleira de acceso a Alcampo. As
persoas que desexen doar poderán facelo das 15:45
ás 21:00 horas. Esta visita forma parte da campaña de doazón
estival da ADOS, “Un alento de vida”.
A
ADOS quere agradecer á xerencia de Área Central a súa colaboración
no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que comezou a
acoller no ano 1993 e que, ata o momento, acumula un total de 15.872
doazóns de sangue.